Iste libro é un percorrido polos  sentimentos  da vida que ben pode ser a de  calquera,  posto que nel  acontece  de  todo, dende que se nace e ata que se morre. Eiqui has de atopar  situacións tan reais, como a vida mesma e coas que te has de identificar.

Iste libro xurdiu da necesidade do seu autor por decirlle ó mundo en que vivimos, as moitas cousas que calamos, que sufrimos e que estamos perdendo por cair nun mundo tan só dos intereses económicos. ¿Onde están os intereses emocionais,  sentimentais, sinceiros, honrados e alegres? Dormidos, olvidados, os cales niste libro, o seu autor tan só pretende darlle vida para que vostede poida recordalos, e o máis importante, vivilos.

Primera edición: julio 2011
ISBN: 978-84-92869-39-8
Nº de páginas: 242
Encuadernación: Rústica
P.V.P: 15 € más gastos de envío.

 

José Nogueiras Santana, naceu en 1955 en Castelaos Vilar de Santos (Ourense), onde pasou a súa nenez ata os dezasete anos a carón de seus pais, Manolo e Digna.
Logo despois, marchou para Vigo onde se especilizou na rama de Carpintería, Ebanistería, na escola de A Acelerada, onde tamén fixo estudos de delineación.

Sendo que nunca deixou de lado a súa maior inquietude, a de escribir e escribir todos os días e a calquera hora. Xa dende neno, e ata hoxe mesmo, sempre a levou consigo, como compañeira de viaxe, dos seus sentimentos e da súa imaxinación.